Friday 17 de May de 2024

O Goberno local pon en marcha o dispositivo especial para atender ás persoas sen fogar durante o inverno


Servizos Sociais conta cun equipo de profesionais de ACCEM que realiza un seguimiento personalizado para poñer á súa disposición todos os recursos municipais

O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, anunciou esta mañá a posta en marcha do dispositivo especial de inverno contra o frío dirixido ás persoas que viven na vía pública. O obxectivo desta iniciativa municipal é que sirva como medida preventiva para atender aos cidadáns que se atopan en situación de exclusión, ademais de ofrecerlles información e asesoramiento sobre os recursos e servizos dos que poden facer uso para o seu aloxamento.
“O dispositivo de frío para persoas sen teito quere dar resposta aos cidadáns que sofren os estados máis graves de exclusión social e para que ningunha persoa sen fogar careza de atención social. Con esta proposta ofrecemos unha atención directa a persoas sen fogar da cidade centrada na súa localización e en ofrecerlles información, orientación e acompañamiento”, destacou o responsable municipal de Servizos Sociais.
Grazas a este dispositivo especial, os técnicos do área de Servizos Sociais dispoñerán dun coñecemento o máis exhaustivo posible da situación das persoas que viven na rúa, á vez que se lles informa dos recursos que existen para mellorar a súa situación. Miguel Lorenzo detallou os principais obxectivos que se tratan de conseguir:

Localizar ás persoas que pernoctan na vía pública.
Contactar con estas persoas para a súa identificación e realizar un seguimiento personalizado.
Ofrecer información e orientación ou dar resposta cara a alternativas de aloxamento inmediatas, así como respostas a necesidades básicas de carácter urxente.
Establecer relación e comunicación con estas persoas para promover cambios e que adopten decisións para afrontar a súa situación actual.
O programa ponse en marcha neste mes de xaneiro grazas a un convenio de colaboración asinado con ACCEM (Asociación Católica Española de Migración), cun orzamento de 15.000 euros reservado para este ano 2015. O dispositivo especial de frío para persoas sen teito conta cun equipo formado por tres técnicos de ACCEM que se encargarán de realizar percorridos polas rúas da cidade para ofrecer a estas persoas asesoramiento sobre os recursos e servizos de aloxamento dos que poden facer uso.
Estes percorridos por todos os barrios da Coruña realizaranse en horario de tarde-noite: de luns a xoves, de 18.30 a 22.00 horas; os venres, de 17.00 a 23.00 horas; e os sábados, de 19.00 a 23.00 horas.
ACCEM é unha entidade privada sen ánimo de lucro que traballa en favor de refuxiados, asilados, migrantes ou calquera outro colectivo social que se atope en risco de exclusión. De feito, ACCEM xa traballa na cidade de Madrid cun programa de similares características ao que desenvolve na Coruña. Ademais deste acordo de colaboración,
o Concello coruñés ofrece a súa colaboración con ACCEM cun segundo convenio de 13.000 euros para contribuír aos gastos de financiamento da entidade.

BALANCE E MÁIS PROXECTOS
O concelleiro de Servizos Sociais explicou que durante o ano pasado realizáronse a través dos diferentes programas municipais un total de 161 rutas pola cidade para atender ás persoas sen fogar, o que permitiu identificar a 140 persoas que durmían na rúa e manter 1.140 contactos entre os diferentes equipos para buscar unha saída á súa situación.
A área de Servizos Sociais constatou que se produciu un descenso do número de persoas que pernoctan na rúa durante os dous últimos anos. Aínda que o número varía, a media diaria en 2014 roldou as 35 persoas.
Este novo dispositivo de atención ás persoas sen fogar que realiza Servizos Sociais coa colaboración de ACCEM súmase a outros programas:
Servizo Municipal de Urxencias Sociais (SEMUS), realizado por Cruz Vermella cun convenio de 70.000 euros e que a través do proxecto Calor reparte mantas e bebidas quentes en días de frío entre as persoas que dormen na rúa, ademais de ofrecerlles aloxamentos alternativos de urxencia.
Crear Fogar, que se desenvolve a través dunha experiencia piloto coa cesión dunha vivenda a Renacer.
Convenio co Instituto Benéfico Social Pai Rubinos para que realice o servizo de dormitorio no albergue (cun orzamento de 255.000 euros) e o servizo Calor e Café (cun orzamento de 130.000 euros, trátase dun servizo que conta cun espazo de atención continuada).
O Concello da Coruña puxo en marcha en 2013 o Servizo Municipal de Atención Inmediata a Persoas Sen Fogar co que se atenden as demandas máis urxentes e mellórase a atención dos cidadáns que se atopan nesta situación de risco de exclusión social. Este servizo municipal, situado na nova Unidade de Atención Social (UAS) de Monte Alto, ofrece información e gestiona os recursos públicos dos que dispón o Concello, ademais de responder ás necesidades reais e máis prioritarias que xurdan desde o Servizo de Información, Valoración e Orientación (SIVO).
Con carácter periódico, a través de tres equipos (rutas do SEMUS, do equipo de rúa en programa de inverno e do equipo de inclusión social), tamén se realizan percorridos para atender a estas persoas. Un día á semana desenvólvese un percorrido polas rúas da cidade en horario nocturno, que se complementa con outras saídas polo día para confirmar a localización das persoas e provocar a motivación para a saída da súa situación.
Convenios con outras entidades da cidade para atender -do mesmo xeito que se realiza a través de Cruz Vermella, Pai Rubinos, Renacer e ACCEM- a este colectivo, como os acordos coa Cociña Económica, Cáritas, Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga (ACLAD) e Comité Antisida da Coruña (CASCO).